Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Cousiña linda / Anthony Browne

por Browne, Anthony [autor/a]; Browne, Anthony [ilustrador/a]; Senra Gómez, Sandra [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Tras os monntes.Editor: Pontevedra : Kalandraka Editora , 2024 Edición: 1ª ed.Descrición: 32 p. : il cor ; 30 cm.ISBN: 9788413433080.Materia(s): Valores | Gorilas | Amizade | Animais humanizadosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade. En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas. En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade. Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasíae humor, dando vida a dous entrañables personaxes.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
CEIP de Caión
Sala préstamo
I1 BRO cou Dispoñible CEC087000005315

Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade.

En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas.

En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade.

Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasíae humor, dando vida a dous entrañables personaxes.

4º-5º-6º Educación Infantil

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha