Ernesto e Clementina perderon a Simeón / Gabrielle Vincent - 1ª - Pontevedra :Kalandraka ,2017 - 26 - Tras os montes .

Ernesto e Celestina perderon a Simeón de Gabrielle Vincent, traducido por Tamara Andrés. É a tenrura dos vellos contos que se fixeron eternos porque as emocións están aí e non nos programas montados por determinadas fundacións e seguidos a ollos pechos por quen non coñece a literatura infantil máis que como pasatempo. Ernesto, o oso, convida a Clementina unha ratiña, a ir pasear baixo a neve. Ela leva a Simeón, un boneco pingüín, que perde na neve. É moi tarde para volver a buscalo, e cando regresa o oso xa está desfeito e non se pode aproveitar. A pesar dos seus esforzos por mercarlle outros bonecos que llo fagan esquecer, a rata chora e bótao de menos ata que Ernesto decide que entre os dous van a construír un novo Simeón... daquela a alegría é inmensa ata o punto de facer festa para que os amigos poidan ser agasallados cos outros bonecos e compartir a noite; cando marchan, Ernesto e Celestina lavan a louza, máis amigos que nunca, felices!

9788484643616


Amistad--Cuentos

821.134.4

Coa tecnoloxía Koha